Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra entra na recta final da vendima ao superar esta fin de semana os 5 millóns de quilos

04/10/2021

Despois da primeira fin de semana de outubro, das 97 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 43 xa completaron os traballos, 46 están vendimando, 4 téñena paralizada e unicamente faltan 4 adegas por iniciar a recollida.   A data 3 de outubro recolléronse na D.O. Ribeira Sacra 5.023.114 quilos de uva. Na pasada campaña superábanse os 5 millóns de quilos con data 30 de setembro. Nesa data das 92 adegas que vendimaron no 2020, 12 adegas aínda estaban vendimando e as 80 restantes xa finalizaran os traballos.   Por variedades os quilos recolleitos distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 3.981.265 kilos
  • Garnacha 183.459 kilos
  • Merenzao 57.359 kilos
  • Sousón 31.584 kilos
  • Brancellao 30.189 kilos
  • Caíño tinto 25.215 kilos
  • Tempranillo 22.641 kilos
  • Mouratón 6.763 kilos
  • Grao Negro 57 Kilos
  Variedades brancas
  • Godello 536.516 kilos
  • Albariño 94.165 kilos
  • Treixadura 38.534 kilos
  • Dona Branca 5.769 kilos
  • Blanco Legítimo 4.614 kilos
  • Loureira 3.186 kilos
  • Torrontés 1.798 kilos


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.