Imprimir y PDF

Xornadas formativas sobre xestión e cumprimento de requisitos administrativos aplicables ás adegas

18/10/2021

As Xornadas, organizadas por AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria), son gratuítas para as adegas e teñen como obxectivo esclarecer os requisitos e procedementos administrativos propios do sector vitivinícola que lles son de aplicación ás adegas, mellorando o seu coñecemento e corrección na preparación e presentación dos mesmos.

Abertas a todas as adegas inscritas na D.O. Ribera Sacra, as Xornadas son de especial interese para aquelas adegas dun tamaño más reducido ou cunha xestión menos profesionalizada e que teñan un menor coñecemento sobre estes requisitos. Poden inscribirse dúas persoas por adega. A inscrición farase enviando cuberto o formulario de inscrición á dirección de correo iria.gonzalez.romero@uvigo.es. O formulario pode descargarse no apartado Novas da web do C.R.D.O.R.S.

Nestas Xornadas trataranse os principais requisitos administrativos relativos ás instalacións produtivas das adegas, ás declaracións e rexistros relativos á contabilidade de existencias e aos transportes, ás marcas comerciais, nomes comerciais e etiquetaxe, e á certificación de produto, entre outros. Para elo contarase con profesorado do Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo e con persoal de Inspección de Defensa contra Fraudes e Calidade Alimentaria da Consellería de Medio Rural e do departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Tributaria (AEAT).

As Xornadas terán unha duración de 10 horas, divididas en tres sesións, as dúas primeiras desenvolveranse na sede do C.R.D.O.R.S. e a ubicación da última está por definir, pero previsiblemente será en Ribadavia. En función do número de adegas inscritas están previstos dous grupos. As datas e horarios escollidos son os seguintes:

  • GRUPO 1:
    • Sesión 1: martes 26 de outubro, de 10 a 14h
    • Sesión 2: xoves 28 de outubro, de 16:30 a 19:30h
    • Sesión 3: xoves 18 de novembro, de 17:00 a 20:00. Ribadavia
  • GRUPO 2:
    • Sesión 1: martes 26 de outubro, de 16 a 20h
    • Sesión 2: mércores 3 de novembro, de 16:30 a 19:30h
    • Sesión 3: xoves 18 de novembro, de 17:00 a 20:00. Ribadavia

Descargas


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.