Imprimir y PDF

“Na D.O. Ribeira Sacra adegueiros e viticultores souberon estar no sitio en momentos moi complicados e esa é a mellor noticia para afrontar o novo ano”, José Manuel Rodríguez

30/12/2021

No 2019 a D.O. Ribeira Sacra pechaba o mellor ano da súa historia despois de obter a calificación de Excelente para a colleita 2018, acoller a Asemblea de CECRV e nesa última vendima precovid recollíanse 7.262.831 quilos de uva de excelente calidad. “Un ano no que se creceu en quilos, a calidade da uva foi excelente, onde se creceu en prezo e demostrouse a estabilidade dun sector que ano a ano vai medrando e que marca un camiño firme, de expansión, que nos fai ver un futuro prometedor”, sinalaba o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez.

Dous meses e uns días despois comezaba a pandemia do coronavirus, cancelábanse todas as actividades promocionais e iniciábanse las limitacións na hostalería e restauración. O 2020 foi o ano de adaptación á nova situación, que se mantería neste 2021.

Cata Online con Mercedes González

A D.O. Ribeira Sacra comezaba o ano con catas online xa iniciadas semanas antes coa campaña Ribeira Sacra. O viño deste Nadal. A actividade, guiada por Mercedes González Rodríguez, contou con moi boa aceptación por parte do consumidor. Abríase unha nova de forma de contacto cos consumidores e persoas interesadas no mundo do viño. A iniciativa repetiríase para a celebración de San Valentín.

Destacaron este ano as puntuacións obtidas polos viños da D.O. Ribeira Sacra na Guía Peñín despois de que participaran das catas cerca de 100 viños de diferentes adegas, variedades, tipos e añadas entre el 2011 e o 2020. Moitos alcanzaron calificacións superiores a 90 puntos, mostrando así a boa evolución dos viños da Denominación de Orixe. Así a cata “El Sabor de un Paisaje” ofrecida pola enóloga, Isabel Mijares, abriu a XXI edición do Salón dos Mellores Viños de España e o 2021 tamén deu a posibilidade de recuperar a participación noutras feiras como Xantar.

Cata "El Sabor de un Paisaje" con Isabel Mijares no Salón Peñín

Na Cata dos Viños de Galicia, por segundo ano consecutivo un tinto de D.O. Ribeira Sacra o viño Prómine Singular de Adegas Petrón S.L. de Sober - Subzona de Amandi conseguiu o galardón ao Mellor Viño Tinto de Galicia. Outros tres viños da D.O. Ribeira Sacra foron galardoados:

  • Acio de Ouro tinto, Casa Moreiras da adega Casa Moreiras S.L. na categoría de D.O. Ribeira Sacra
  • Acio de Ouro branco, Almalarga da adega Alma das Donas S.L.U. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira
  • Acio de Bronce tinto, Don Bernardino Finca Mezquita da adega Don Bernardino S.L. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira

Premio Prómine Catas dos Viños de Galicia

Tamén a medidados do verán coñecíanse os resultados dunha nova edición do Mondial des Vins Extremes 2021 que se celebra no Val de Aosta (Italia). A D.O. Ribeira Sacra presentou este ano 53 mostras, 44 de tintos e 9 de brancos, pertencentes a 27 adegas. Os bos resultados que a D.O. Ribeira Sacra obtén sempre en Aosta son un trampolín internacional para os seus viños e convertérona nun dos referentes mundiais máis importantes dentro da viticultura de montaña ou viticultura heroica.

Medallas de Ouro:

  • Castro das Saiñas 2019 de Adega Saiñas C.B. (Pantón)
  • Sabatelivs 2020 de Adegas e Viñedos Lareu S.L. (Chantada)
  • Acivro 2020 de Adegas Salvadur S.L. (Pobra do Brollón)
  • Almanova 2019 de Alma das Donas S.L. (Pantón)
  • Prómine Singular 2020 de Bodegas Petrón S.L. (Sober)
  • Rectoral de Amandi 2020 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U. (Sober)
  • Condado de Sequeiras 2017 de Grupo Peago S.L. (Chantada)
  • Condado de Sequeiras 2019 de Grupo Peago S.L. (Chantada)
  • Estrela 2020 de D'Fran S.C. (Sober)
  • Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Vacamulo 2017 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Finca Cuarta por Rubén Moure 2020 de Rubñen Moure Fernández (Sober)
  • Ciudáseis 2019 de Mª Gloria Alavarín Losada (Monforte de Lemos)
  • Regina Expresión 2017 de Regina Viarum S.L. (Sober)
   
Medallas de Prata:
  • Matilda Nieves 2020 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U (Sober)
  • Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Don Bernardino Finca Mezquita 2016 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Décima 2020 de José Manuel Rodríguez González (Sober)
  • Ciudáseis 2020 de Mª Gloria Alavarín Losada (Monforte de Lemos)
  • Val da Lenda 2020 de Víctor Manuel Rodríguez González (Sober)
  • Viña Frieira 2020 de Carlos Fernández Rodríguez (Sober)

Neste ano foron Distinguidos Gallaecia en brancos
  • 1904 Adega Vella 2019 de Jorge Feijoo González   
  • B Ponte Da Boga 2020 de Adegas Ponte da Boga   
  • Abadía da Cova 1124 Godello 2018 de Adegas Moure
E foron Distinguidos Gallaecia en tintos:
  • 4ª Generación 2016 de Don Bernardino
  • 12 Adega Vella 2019 de Jorge Feijoo González       
  • Abadía Da Cova Merenzao 2019 de Adegas Moure
  • Algueira Fincas 2017 de Adegas Algueira
  • Algueira Risco 2018 de Adegas Algueira
  • Capricho 2017 de Adegas Ponte da Boga
  • Coronin 2019 de Fidel Gallego Carreira
  • Don Bernardino 2020 de Don Bernardino
  • Don Bernardino Finca Mezquita 2016 de Don Bernardino
  • ET Suseia 2018 de Jorge Feijoo González
  • Finca La Capitana 2015 de Regina Viarum
  • Golosina 2020 de Jorge Feijoo González
  • Prómine Singular 2020 de Bodegas Petrón
  • Regina Expresión 2017 de Regina Viarum
  • VS Cuco Sousón 2018 de Bodegas e Viñedos Finca Míllara

Despois do verán comezou unha ampla oferta formativa dentro da programación de Formación Continua e Transformación Tecnolóxica na D.O. Ribeira Sacra neste 2021. Celebráronse cursos de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico e nivel cualificado, de enoturismo, viticultura sostible, comercialización e marketing en adegas.

Catas de Iniciación á Ribeira Sacra

Desenvolveuse o ciclo Catas de iniciación á Ribeira Sacra: achegamento do pobo ao mundo do viño, actividades que se levaron acabo entre mediados de agosto e novembro, con citas nos diferentes municipios da D.O. Ribeira Sacra. 

Este ano a vendima comezaba oficialmente o 16 de setembro aínda que algunhas adegas iniciaban a recollida de uva a finais de agosto. O 20 de outubro finalizaba a vendima, case dúas semanas máis tarde que o ano anterior e despois de recoller 6.545.331 quilos de uva. 93 adegas vendimaron esta campaña ao amparo da D.O. Ribeira Sacra arroxando as seguintes cantidades por variedade de uva:

Variedades tintas

  • Mencía 5.231.856 quilos
  • Garnacha 248.895 quilos
  • Sousón 100.964 quilos
  • Merenzao 59.127 quilos
  • Brancellao 62.418 quilos
  • Tempranillo 32.565 quilos
  • Caíño tinto 32.576 quilos
  • Mouratón 9.200 quilos
  • Grao Negro 638 quilos
  Variedades brancas
  • Godello 589.566 quilos
  • Albariño 96.873 quilos
  • Treixadura 60.895 quilos
  • Dona Branca 7.346 quilos
  • Branco Lexítimo 4.614 quilos
  • Loureira 4.371 quilos
  • Torrontés 3.327 quilos

Vendima 2021

O ano pasado a climatoloxía converteuno nun ano complicado para a viña, pero neste 2021 a climatoloxía foi mellor do previsto e a campaña pechábase segundo o esperado, “Cumpríronse as expectativas de superar os 6 millóns de quilos. A uva entrou en adega en boas condicións, con bo grao, na media dos últimos 10 anos. Estamos volvendo ao que estaba en marcha no 2019, antes da pandemia, cando estabamos aumentando vendas e introducíndonos noutros mercados,” sinalaba José Manuel Rodríguez ao final da vendima.  

Agora que o ano termina, o Presidente do C.R.D.O.R.S. fai balance e felicita a adegas e viticultores por saber manterse en tempos difíciles, o que dá empuxe para afrontar o novo ano , “Foi un ano bo no que na Denominación mantívose a recollida da uva, mantivéronse os prezos e incluso nalgúns casos aumentouse o prezo medio da uva. Hai que consideralo un ano de transición no que se comezou a recuperar esa alegría de mercado, que o ano pasado perdérase. Comezáronse a mover os viños e comezouse a embotellar a ritmos prepandemia. Isto foi un tempo que nos tocou vivir complicado e saiu de viticultores e adegueiros esa fortaleza que estaba aí e que en casos difíciles e nunhas circunstancias sobrevindas moi complicadas demostraron a súa fortaleza e profesionalidade. Esta é a mellor conclusión que se pode sacar deste ano,… que nos momentos complicados sóubose estar no sitio e esta é a mellor das noticias de cara a afrontar un futuro que co aprendido neste tempo complicado, permitiranos seguir asentándonos no mercado.”


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.