Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra retoma a Cata de Calificación da última colleita

23/02/2022

O venres, 25 de febreiro a partir das 12.00h., celébrase no Hotel Áurea Palacio de Sober, a Cata de Calificación da colleita 2021 na D.O. Ribeira Sacra. Estas catas teñen carácter itinerante por subzonas e, despois de que no 2020 tivera lugar en Portomarín e do parón do pasado ano, neste 2022 retómanse na subzona de Amandi.

Integran o panel de cata:

  • Alfonso Losada Quiroga, Experto en viticultura e enoloxía
  • José Ramón Montilla Cortizo, Representante  Asociación de Sumilleres Gallaecia
  • Maira Ratón Fernández, Representante Asociación Gallega de Enólogos
  • Mercedes González Rodríguez, Presidenta Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo. Asesoría Gastronómica MEmbajadora
  • José María Martínez Alonso, Membro Panel de Cata do C.R.D.O.R.S.
  • Oscar González Rizo, Membro Panel de Cata do C.R.D.O.R.S.
  • Juan Ángel Fernández Martínez, Membro Panel de Cata do C.R.D.O.R.S.
  • Pepe Seoane, xornalista
  • Ana Fernández González, Representante da Axencia Galega de Calidade (AGACAL)
  • Ana Mª Martín Abild, Sumiller e Dipwset

O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona (Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), buscando ter representación en cada subzona dunha adega de maior produción e outra de menor produción, para establecer unha valoración media dos viños da nova añada. A recollida de mostras levárona a cabo técnicas do C.R.D.O.R.S., comenzando o 14 de febreiro na subzona de Ribeiras do Miño e rematouse o 18 de febreiro na subzona de Chantada.  

O Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar aos consumidores sobre a calidade dos viños que se van atopar no mercado. A última cata de calificación celebrábase en Portomarín un par de semanas antes do confinamento, a colleita 2019 obtiña a calificación de MOI BOA, cunha puntuación de 7.5.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.