Imprimir y PDF

José Manuel Rodríguez: Estar aquí é a maneira de diferenciarnos nun mundo tan global

04/03/2022

O centro do viño de Ribeira Sacra acollía este venres a entrega de premios da última edición do Mondial des Vins Extremes. Acudiron representantes das adegas galardoadas, membros do C.R.D.O.R.S. e unha representación dos municipios da Denominación cuxas adegas recibían premio, Sober, Pantón, Chantada, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.

O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, repasaba a traxectoria da D.O. Ribeira Sacra neste certame e esperaba seguir recuperando progresivamente a normalidade, “Que sigamos participando nestas catas é unha das cousas que nos diferencia doutras zonas vitícolas. Hai que lembrar a Suso Conde e Suso Verao que hai case 30 anos foron a recoller os premios a Aosta. Estar aquí é a maneira de que nos diferenciemos nun mundo tan global. Despois destes dous anos parece que isto escampa e que imos poder recuperar todas esas citas que nos xuntan”.

A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano 53 mostras, 44 de tintos e 9 de brancos, pertencentes a 27 adegas e obtivo 21 medallas, 14 de ouro e 7 de prata.

MEDALLAS DE OURO:

  • Castro das Saiñas 2019 de Adega Saíñas C.B. (Pantón)
  • Sabatelivs 2020 de Adegas e Viñedos Lareu S.L. (Chantada)
  • Acivro 2020 de Adegas Salvadur S.L. (A Pobra do Brollón)
  • Almanova 2019 de Alma das Donas S.L. (Pantón)
  • Prómine Singular 2020 de Bodegas Petrón S.L. (Sober)
  • Rectoral de Amandi 2020 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U. (Sober)
  • Condado de Sequeiras 2017 de Grupo Peago S.L. (Chantada)
  • Condado de Sequeiras 2019 de Grupo Peago S.L. (Chantada)
  • Estrela 2020 de D'Fran S.C. (Sober)
  • Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Vacamulo 2017 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Finca Cuarta por Rubén Moure 2020 de Rubén Moure Fernández (Sober)
  • Ciudáseis 2019 de Mª Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos)
  • Regina Expresión 2017 de Regina Viarum S.L. (Sober)

MEDALLAS DE PRATA:
  • Matilda Nieves 2020 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U (Sober)
  • Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Don Bernardino Finca Mezquita 2016 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Décima 2020 de José Manuel Rodríguez González (Sober)
  • Ciudáseis 2020 de Mª Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos)
  • Val da Lenda 2020 de Víctor Manuel Rodríguez González (Sober)
  • Viña Frieira 2020 de Carlos Fernández Rodríguez (Sober)
O Mondial deas Vins Extrêmes, que organiza o CERVIM é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas. A D.O. Ribeira Sacra é un dos máximos expoñentes mundiais deste tipo de viticultura que hoxe se coñece como viticultura heroica.

O CERVIM busca valorizar a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria. O seu obxectivo é salientar as características únicas destes viños e dar a coñecer aos consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para a posta en valor do territorio.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: