21 adegas da D.O. Ribeira Sacra presentan 50 viños en Prowein
12/05/2022
A D.O.Ribeira Sacra regresa por quinta ocasión e despois de facelo por última vez no 2019, á Feira de Düsseldorf que este ano se celebra do 15 ao 17 de maio. Faino a través do ICEX con caseta propia no pavillón de España (Pavillón 13, caseta C 90-11).
Despois de acudir a Vinexpo e Fenavin, Prowein é unha oportunidade excelente para promocionar e dar a coñecer os viños da Ribeira Sacra no mercado internacional, onde cada vez son máis demandados e valorados.
A D.O. Ribeira Sacra presenta nesta edición 50 viños, 8 viños brancos e 42 tintos, ambos de diferentes anadas e variedades, pertencentes ás seguintes adegas:
- Rectoral de Amandi SAU
- Tolo do Xisto S.L.
- Don Bernardino S.L.
- Régoa C.B.
- Marcos Fernández, Ramón
- Regina Viarum S.L.
- Rodríguez López, Víctor Manuel
- Moure Fernández, Rubén
- Verao Lópoz, Brais
- Bodegas Petrón S.L.
- Finca Míllara Bodegas y Viñedos S.R.L.
- Grupo Peago S.L.
- Adega Saíñas C.B.
- Terrazas de Outeiro S.L.
- Ronsel do Sil
- Pilares de Belesar S.L.U.
- Adega Ponte da Boga S.L.
- Rodríguez González, José Manuel
- Spanish Wine by Carlos Rodríguez S.L.
- Alma das Donas S.L.U.
- Dominio do Bibei S.L.U.
A seguinte cita internacional para a D.O. Ribeira Sacra será a
London Wine Fair que terá lugar do 7 ao 9 de xuño.
Próximas citas da D.O. Ribeira Sacra Este ano recuperábase a normalidade na axenda de Feiras do Viño da D.O. Ribeira Sacra. Despois de celebrar a Feira do Viño de Amandi, a de Quiroga e a de Vilachá de Salvadur, os días
14 e 15 de maio celébrase a
XXVII Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón e os días
3, 4 e 5 de xuño terá lugar a
39 Feira do Viño de Chantada, que tradicionalmente era a encargada de abrir o calendario de feiras e que nesta ocasión será a última en celebrarse.
Do 3 ao 5 de xuño a Ruta do Viño de Ribeira Sacra celebra xornadas de portas abertas con visitas a adegas, catas e degustacións, bus do viño e outras moitas propostas para en tres días achegarse a este territorio e aos seus viños. Contarase con descontos nos hoteis e servizos asociados á Ruta.