Imprimir y PDF

Premios aos mellores viños da D.O. Ribeira Sacra

27/05/2022

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra celebrou a XXVI edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra. O panel de cata desta edición estaba integrado por 12 catadores: Ramón García Bernárdez, Mercedes González Rodríguez, Miguel Ángel Martín, Jorge Luís Mazaira Pérez, Antonio Manuel Magallhaes, Alberto Levi, José María Martínez Alonso, Mª Eugenia Medina González, Maira Rato Fernández, Juan Anxo Fernández Martínez, Rosa Domínguez Domínguez, María Isabel Mijares y García de Pelayo.

A esta edición finalmente entraron a concurso 79 mostras de 31 adegas. Conforme ás bases da cata na categoría de Viños Tintos participaron 25 mostras, na categoría de Viños Brancos participaron 15 mostras e noutras Anadas había 39 mostras rexistradas. Despois da Cata Final deste venres resultaron premiados na XXVI Cata dos Viños de Ribeira Sacra os seguintes viños:

Na categoría de brancos: 

  • Terceiro premio: G Ponte da Boga de Adega Ponte da Boga
  • Segundo premio: Adega Vella de Jorge Feijoo González
  • Primeiro premio: Peza do Rei de Adega Cachín
Na categoría de tintos, os premiados foron:
  • Terceir opremio: Prómine de Bodegas Petrón
  • Segundo premio: Prómine Singular de Bodegas Petrón
  • Primeiro premio: Instinto Romano, Miguel Pavón Reinoso
Na categoría Viños doutras Anadas presentáronse 39 viños polo que se establecen tres Medallas de Ouro. Os premios recaeron en: Don Bernardino 4ªGeneración Mencía barrica 2018 de Don Bernardino, 12 Adega Vella Mencía barrica 2020 de Jorge Feijoo González e Prómine Singular Mencía 2020 de Adegas Petrón.

Premiados XXVI Cata dos Viños de Ribeira Sacra

As autoridades presentes, representantes das diferentes administracións públicas, foron as encargadas de entregar os premios que consistiron en botellas de olería de Gundivós.

Os catadores do panel de cata destacaron a calidade dos viños e encomiaron as calidades e características que fan diferentes aos viños da D.O.R.S.:  

María Isabel Mijares y García de Pelayo
, Fundadora e vicepresidenta da Unión Española de Catadores: “Destacaría a cantidade de matices dos tintos, todo o mundo está a empezar a personalizar os seus viños, pero cunha tónica de non perder a fidelidade á terra e a fidelidade a un estilo”.  

Alberto Levi,
Asociación Italiana de Sumilleres: “Cando coñeces en primeira persoa o territorio, a paisaxe, comunícase mellor tamén o viño e enténdese mellor o que hai na copa. O que máis me gustou foron os viños da vendima 2021 que foi unha vendima moi difícil, menos cantidade de viño, pero de gran calidade. Son viños que contan moi ben o territorio de orixe e atenden ao gusto do consumidor de hoxe, atractivo, esa personalidade, esa tensión, esa acidez é o que o consumidor busca nos viños heroicos.”  

Jorge Luís Mazaira Pérez
, Director Técnico CRDO Valdeorras: “Moi ben todos os viños. No grupo destacamos os viños doutras anadas, podías gozar de todos, para min foi moi difícil cal podería ser o mellor. Todos tiveron puntuacións moi altas porque cada viño demostraba cousas diferentes. Foi marabilloso”.

Panel de Cata


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: