Imprimir y PDF

Prómine Singular da D.O. Ribeira Sacra, tres anos consecutivos como Mellor Tinto de Galicia

07/07/2022

Na tarde de onte facíase entrega dos premios da XXXIV Cata dos Viños de Galicia e Cata das Augardentes de Galicia e XI Cata dos Licores Tradicionais.   Por terceiro ano consecutivo, un tinto da D.O. Ribeira Sacra, o viño Prómine Singular de Bodegas Petrón S.L. de Sober - Subzona de Amandi, conseguiu o galardón ao Mellor Viño Tinto de Galicia. Reciben tamén premio como os mellores de Galicia na D.O. Ribeira Sacra: 

  • Acio de Ouro Tinto, Estrela de D´Fran S.C., na categoría Viños de Colleiteiro e de pequenas adegas.
  • Acio de Prata Tinto, Prómine Singular de Bodegas Petrón S.L., na categoría Viños de Colleitas Anteriores.
  • Acio de Bronce Tinto, Finca La Capitana de Regina Viarum S.L., na categoría Viños de Elaboración con Madeira.
 Ademais dos premios a nivel galego, dentro da categoría D.O. Ribeira Sacra resultaron galardoados: 
  • Acio de Ouro Tinto: Prómine de Bodegas Petrón S.L.
  • Acio de Ouro Branco: Peza do Rei de Adega Cachín S.C.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: