 
							        	
							        
			
		        											                   
			
			                
			                	Prómine Singular da D.O. Ribeira Sacra, tres anos consecutivos como Mellor Tinto de Galicia			                
			                 
			                			                 
			                07/07/2022
       
			                
							
							
							                                                                                  
                                        			             
                                        
                                         
                                                                                    
                                                                                                                      
                                        			             
                                        
                                                
                                        Na tarde de onte facíase entrega dos premios da XXXIV Cata dos Viños de Galicia e Cata das Augardentes de Galicia e XI Cata dos Licores Tradicionais.   Por terceiro ano consecutivo, un tinto da D.O. Ribeira Sacra, o viño Prómine Singular de Bodegas Petrón S.L. de Sober - Subzona de Amandi, conseguiu o galardón ao Mellor Viño Tinto de Galicia. Reciben tamén premio como os mellores de Galicia na D.O. Ribeira Sacra: 
- Acio de Ouro Tinto, Estrela de D´Fran S.C., na categoría Viños de Colleiteiro e de pequenas adegas. 
- Acio de Prata Tinto, Prómine Singular de Bodegas Petrón S.L., na categoría Viños de Colleitas Anteriores.
- Acio de Bronce Tinto, Finca La Capitana de Regina Viarum S.L., na categoría Viños de Elaboración con Madeira.
 Ademais dos premios a nivel galego, dentro da categoría D.O. Ribeira Sacra resultaron galardoados: 
- Acio de Ouro Tinto: Prómine de Bodegas Petrón S.L.
- Acio de Ouro Branco: Peza do Rei de Adega Cachín S.C.