Medio mes de vendima oficial na D.O. Ribeira Sacra con 5.332.763 quilos recolleitos
30/09/2022
Despois de medio mes de vendima oficial a D.O. Ribeira Sacra recolleu 5.332.763 quilos de uva. Da variedade maioritaria, Mencía, lévanse vendimado 4.245.820 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas
- Mencía 4.245.820 quilos
- Merenzao 61.378 quilos
- Sousón 36.682 quilos
- Brancellao 35.972 quilos
- Caíno tinto 31.861 quilos
- Garnacha 199.428 quilos
- Tempranillo 26.445 quilos
- Mouratón 6.887 quilos
- Grao Negro 318 quilos
Variedades brancas- Godello 550.834 quilos
- Albariño 75.858 quilos
- Treixadura 44.562 quilos
- Branco Lexítimo 8.008 quilos
- Dona Branca 5.299 quilos
- Torrontés 1.797 quilos
- Loureira 1.614 quilos
Das 89 adegas que vendiman este ano ao amparado da D.O. Ribeira Sacra, 55 terminaron a vendima, 33 adegas seguen vendimando e falta unha por comezar. A calidade das uvas que están a entrar en adega é moi boa, cun estado sanitario óptimo.
A D.O. Ribeira Sacra seguirá con actividades promocionais en novembro acudindo con ACRUAGA ao evento
“Salón dos viños e augardentes de Galicia” en Amsterdam. A actividade organizada pola Asociación Española de Catadores persegue continuar coa promoción dos viños galegos en Europa. Despois de participar nas citas vitivinícolas de París, Düsseldorf e Londres, a asistencia a Amsterdam axudará a consolidar o mercado cos Países Baixos, dos principais importadores dos viños da D.O. Ribeira Sacra.
Ademais de seguir presente nas citas onde o viño é protagonista, a D.O. Ribeira Sacra segue desenvolvendo actividades de formación, tamén en colaboración con ACRUAGA.