Imprimir y PDF

Remata a vendima na D.O. Ribeira Sacra cumprindo as expectativas con 6.047.400 quilos recollidos

13/10/2022

Despois de 47 días de vendima oficial, alcanzáronse os 6.047.400 quilos. O ano pasado o remate da vendima foi o 20 de outubro, un dos finais máis tardíos na historia da D.O. con 6.545.331 quilos vendimados. Este ano os controis de maduración realizáronse entre o 23 e o 25 de agosto, o día 26 iniciáronse vendimas provisionais en parcelas que xa reunían as condicións para a recollida de uva, aínda que o inicio oficial foi o 15 de setembro. Nesta vendima 2022 houbo 2.208 viticultores inscritos e 88 adegas que recolleron as seguintes cantidades por variedade de uva:

Variedades tintas

  • Mencía 4.814.065 quilos
  • Garnacha 232.015 quilos
  • Sousón 116.937 quilos
  • Merenzao 61.378 quilos
  • Brancellao 53.397 quilos
  • Tempranillo 30.769 quilos
  • Caíño tinto 32.011 quilos
  • Mouratón 6.895 quilos
  • Grao Negro 1.845 quilos
  Variedades brancas

  • Godello 555.938 quilos
  • Albariño 75.936 quilos
  • Treixadura 45.888 quilos
  • Dona Branca 6.811 quilos
  • Branco Lexítimo 8.008 quilos
  • Loureira 3.710 quilos
  • Torrontés 1.797 quilos
 A campaña péchase segundo o esperado. Cumpríronse as expectativas de roldar os 6 millóns de quilos e a uva que entró en adega estaba en moi boas condicións e con bo grao, na media da última década.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: