Imprimir y PDF

“Expresión da viticultura heroica”, o 28 de novembro no Salón dos Mellores Viños de España

25/11/2022

O XXII Salón dos Mellores Viños de España celébrase en IFEMA Madrid, os días 28 e 29 de novembro. A cita dirixida exclusivamente a profesionais do sector é un referente a nivel nacional e internacional onde terán cabida todos os proxectos enolóxicos.  

A D.O. Ribeira Sacra será protagonista do Salón dos Mellores Viños de España para pechar a xornada do luns, 28 de novembro, ás 18.30. A enóloga, María Isabel Mijares García-Pelayo, guiará unha cata comentada dunha selección de viños da Denominación que obtiveron máis de 90 puntos na edición 2023 da Guía Peñín.  

Así a D.O. Ribeira Sacra presenta a este acto unha variada representación dos viños que elabora, cantando Brancos de 2021 (un Godello e un Branco Summum), 3 Mencías de 2021, Tintos de Barrica (un de 2019 e outro de 2017) e un Merenzao de 2020. Acompañará a Mª Isabel Mijares, o Presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez.  

Estas catas comentadas que organiza a D.O. Ribeira Sacra no Salón dos Mellores Viños de España contan cada ano cunha excelente aceptación, de modo que as prazas ofertadas cóbrense de inmediato e xérase unha lista de espera de persoas interesadas en achegarse aos nosos viños.  

Ademais deste acto promovido desde o CRDORS, numerosas adegas da D.O. acoden á cita a título individual.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.