A D.O. Ribeira Sacra celebraba este venres o seu tradicional xantar de Nadal, unha cita de confraternidade na que se reúnen adegueiros, persoal laboral e representantes da Administración. Este encontro aprovéitase para facer entrega dos premios do Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes” que se celebrou en setembro no Val d´Aosta (Italia). Os dous últimos anos da pandemia esta comida e entrega de premios non se puido celebrar, así en marzo deste ano fíxose entrega dos premios da edición 2021 nun acto no Centro do Viño da Ribeira Sacra. A cita deste ano tivo lugar no Parador de Turismo de Monforte de Lemos.
A esta 30ª edición do Mondial das Vins Extrêmes, o único concurso enolóxico internacional dedicado expresamente aos viños producidos na viticultura heroica, presentáronse 831 os viños de 301 adegas de 24 países de todo o mundo.
A D.O. Ribeira Sacra presentaba 61 mostras de 32 adegas e obtivo 14 medallas, 8 de ouro e 6 de prata. O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, mostraba antes da entrega de premios aos seus destinarios por parte das autoridades presentes, a súa satisfacción por poder recuperar esta celebración, “O viño volve unir a toda a xente que fixo posible que a Ribeira Sacra sexa unha realidade, porque a Ribeira Sacra é traballo de todos desde distintas perspectivas; cada persoa achegou a súa visión e traballo no que quería para conseguir chegar onde agora estamos. O que comezou sendo unha ilusión converteuse nunha maneira de vivir. Nos últimos anos, a pesar das circunstancias sociais abrimos novos mercados e ampliamos exportacións. Un día como hoxe quero lembrar a todas as persoas que xa non están connosco.”
José Manuel Rodríguez, que exerce como Presidente da D.O. Ribeira Sacra desde a súa constitución, deixaba a porta aberta a unha nova etapa ante as eleccións que se celebrarán o próximo ano, “Vivimos un presente estable e espéranos un futuro prometedor, a D.O. comeza un proceso electoral que viviremos como a elaboración do viño, agora críase nas cubas e pronto se gozará dunha gran colleita.”
Premiados Aosta 2022
Posteriormente procederíase á entrega de premios de Concurso de Viños Extremos, cita que sempre recompensou aos viños da D.O. Ribeira Sacra e que supuxo a primeira posta en escena a nivel internacional para a Denominación emblema da viticultura heroica.
Medallas de Ouro
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España