A D.O. Ribeira Sacra regresa por sexta ocasión á Feira de Düsseldorf que se celebra do 19 ao 21 de marzo, despois de estrearse nesta cita en 2016. Faino a través do ICEX no pavillón de España (número 11, caseta L30).
Con máis de 25 anos de traxectoria ProWein ofrece numerosas oportunidades de negocio, que a fan feira internacional líder de viños e bebidas espirituosas. Convértese así nunha cita excelente para promocionar e dar a coñecer os viños de Ribeira Sacra no mercado internacional, onde cada vez son máis demandados e valorados. A D.O. Ribeira Sacra presenta nesta edición 60 viños, 13 viños brancos e 47 tintos, ambos de diferentes anadas e variedades, pertencentes ás seguintes adegas:
Toda a información da D.O. Ribeira Sacra en Prowein e o folleto coa lista de viños participantes pode consultarse na web https://ribeirasacra.org/proximas-actividades-promocion/es
Mentres tanto a D.O. Ribeira Sacra está inmersa na celebración das Feiras do Viño e despois de comezar con Chantada a pasada fin de semana, para os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril celébrase a Feira do Viño de Amandi, en Sober.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España