Imprimir y PDF

Axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade

27/04/2023

A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (neste enlace) poden solicitarse ata o 26 de maio as axudas á nova participación de agricultores en réxime de calidade. Con este Procedemento, MR362A, o período subvencionable vai desde 1 de maio de 2022 ata o 30 de abril deste ano 2023.

Son beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións agrarias. Non se tramitan expedientes cuxa contía non supere os 50 €.

Entre outra documentación hai que presentar certificación do consello regulador correspondente que acredite que se trata dun/dunha agricultor/a que participa por primeira vez no réxime de calidade e indique a data de incorporación ao dito réxime.  No caso de solicitantes que participan nalgún outro réxime de calidade, certificación do consello regulador correspondente que acredite a súa inscrición.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: