Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra presente en Fenavin do 9 ao 11 de maio

08/05/2023

A D.O. Ribeira Sacra participará na XII Feira Nacional do Viño que se celebrará en Ciudad Real do 9 ao 11 de maio. A D.O. Ribeira Sacra estará presente no stand da Xunta de Galicia, Pavillón 1, Osiris. Nesta edición do certame estarán presentes, tamén, as seguintes adegas da D.O. Ribeira Sacra con stand propio:

  • Adega Saínas
  • Dominio do Bibei SLU
  • EDV 2015
  • Moure Fernández, Rubén- Finca Cuarta
  • Ponte da Boga
  • Rectoral de Amandi. Bodegas Gallegas.
  • Ronsel do Sil
  • Terrazas de Outeiro
  • Viñas de Belesar
A D.O. Ribeira Sacra estará representada tamén no Túnel do Viño de Galicia que organiza AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, contando coa participación de Adegas Terrae S.L. e Adegas Petrón S.L. A participación en Fenavin supón a presenza da D.O. Ribeira Sacra nunha das citas máis importantes do sector en España coa asistencia de máis de 1.900 adegas e case 20.000 compradores nacionais e internaciones, profesionais do sector vitivinícola, enólogos, sumilleres, adegueiros, xornalistas especializados e medios de comunicación en xeral, así como outros expertos do mundo do viño. Nesta ocasión amplíase a superficie expositiva a 28.000 m2 para acoller este encontro de viño.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.