Imprimir y PDF

O CRDORS tramitou axudas de reestruturación e reconversión da viña para unha superficie de 11,348 Ha

09/05/2023

No DOGA do 27 de marzo publicábase a Orde da Consellería do Medio Rural, na que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia.

Ata o 24 de abril os viticultores inscritos no rexistro da D.O. Ribeira Sacra tramitaron as axudas na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Así foron 5 empresas e 2 particulares os que solicitaron estas axudas para unha superficie de 11,348 Ha (10,0034 Ha para replantación, 1,1915 Ha inxertadas e 0,1531 para cambiar o sistema de condución). Todas as solicitudes refírense á reestruturación con variedades brancas.

Estas achegas, ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de replantación de viñas, reconversión varietaI e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas, buscan aumentar o grao de profesionalización do sector vitícola galego, poténciase o cambio xeracional e un desenvolvemento ruraI.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.