A D.O. Ribeira Sacra promociónase en Vinis Terrae os días 5 e 6 de xuño
02/06/2023
Durante dous días, Expourense convértese nun gran centro de negocios no que se facilitará o contacto directo entre adegas e compradores nacionais da distribución e da hostalería, así como importadores de distintos países e representantes da prensa especializada nacional e internacional.
A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acode con stand propio no que, en horario de 10.00 a 18.00, darase información sobre os viños e repartirase material promocional da Denominación.
Participan tamén individualmente con stand propio as adegas: Aba Solleira, D´Fran, Régoa, EDV 2015, Finca Carta por Rubén Moure e Rectoral de Amandi.
No Túnel do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia poderanse catar as seguintes referencias da D.O. Ribeira Sacra:
- Adega Tear, S.L. (Tear, Capador)
- Adega Vella Xeracións, S.L. (1904, 1904 Mater Granite, Adega Vella Mater Granite, Golosina, Quitapesares, Adega Vella, “12” Adega Vella)
- Rectoral de Amandi (Rectoral de Amandi Barrica Edición Limitada Manolo Arnoya, Matilda Nieves Mencía, Rectoral de Amandi Mencía)
- Bodegas Petrón, S.L. (Prómine 2021, Prómine 2022, Prómine Singular)
- D’Fran, S.C. (Estrela)
- EDV 2015, S.L. (A Conchousa, As Covas, Don Cosme Branco, Don Cosme Tinto,
- Inseparables Branco, Inseparables Tinto, o Robledo)
- Finca Cuarta (Finca Cuarta Godello, A Costa)
- Pazo da Maga (Demo y Maga)
- Régoa (Régoa-Copas-21)
- Terras de Compostela (Camiño de Compostela)
- Virxen dos Remedios (Viña Vella Mencía y Godello)
O martes, 6 de xuño, de 11.00 a 12.00 h celebrarase
Cata comentada dos viños tintos premiados con
“Acios de Ouro” nas Catas de Galicia 2022, coa presenza de
Prómine de Adegas Petrón. Ruta do Viño de Ribeira Sacra A Ruta do Viño de Ribeira Sacra tamén estará presente en Vinis Terrae co stand de
Enoturismo Galicia, a través do Clúster de Turismo de Galicia. Unha oportunidade para dar a coñecer todos os atractivos, recursos e servizos que o Ruta do Viño de Ribeira Sacra ofrece ao visitante.