O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, forma parte da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que se celebra en Silleda. Trátase dunha cita na que múltiples organizacións sectoriais, entidades de promoción, pequenos produtores, artesáns, industria e gran distribución uniranse para colaborar e facer negocio, impulsar o seu crecemento e resultados, reforzar o seu posicionamento e aumentar a súa visibilidade. A D.O. Ribeira Sacra participa en Experiencias de Calidade coa AGACAL, tendo como principal actividade a Cata de Viños da D.O. Ribeira Sacra por parte do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, que terá lugar o xoves, día 8 de 17.30 a 18.30h., no marco de “Experiencias de Calidade”. O resto de propostas con presenza da D.O. Ribeira Sacra son:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España