Imprimir y PDF

Promoción da D.O. Ribeira Sacra en Salimat Abanca do 8 ao 11 de xuño

07/06/2023

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, forma parte da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que se celebra en Silleda. Trátase dunha cita na que múltiples organizacións sectoriais, entidades de promoción, pequenos produtores, artesáns, industria e gran distribución uniranse para colaborar e facer negocio, impulsar o seu crecemento e resultados, reforzar o seu posicionamento e aumentar a súa visibilidade. A D.O. Ribeira Sacra participa en Experiencias de Calidade coa AGACAL, tendo como principal actividade a Cata de Viños da D.O. Ribeira Sacra por parte do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, que terá lugar o xoves, día 8 de 17.30 a 18.30h., no marco de “Experiencias de Calidade”. O resto de propostas con presenza da D.O. Ribeira Sacra son:

  • Xoves, 8 de xuño de 14:00 a 15:00h. Masterclass IXP Ternera Gallega e IXP Vaca Galega/Boi Galego con IXP Pan de Cea e IXP Tarta de Santiago e DO Ribeira Sacra, co Chef, José Manuel Mallón – Espazo Remollo (Ames, A Coruña)
  • Sábado, 10 de xuño de 13:30 a 14:30h. “Experiencias de Calidade” / Cata de viños galegos premiados nas Catas de Galicia 2022: DO Rías Baixas, DO Monterrei, DO Ribeira Sacra, DO Ribeiro, DO Valdeorras. Presenta: Sumiller Nacho Costoya
  • Domingo, 11 de xuño, de 11:30 a 12:30 h. “Experiencias de Calidade” / Cata-degustación IXP Pataca de Galicia e DO Ribeira Sacra. Chef: Criselda Iglesias – Tapería Lecer (Cangas de Morrazo, Pontevedra)


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.