RIBEIRA SACRA A D.O. MAIS PREMIADA NA XXXV CATA DOS VIÑOS DE GALICIA
28/06/2023
Este luns pola tarde fíxose entrega dos premios da XXXV Cata dos Viños de Galicia e XII Cata dos Licores Tradicionais de Galicia. O acto que tivo lugar no Pazo Quián en Sergude, co título “Os Acios do Bo Facer”, premiou como o Mellor Viño Tinto de Galicia, un ano máis, un viño da D.O. Ribeira Sacra.
Así o ansiado Acio de Ouro como Mellor Viño Tinto de Galicia foi para Viña Vella da adega SAT Virxen dos Remedios, Subzona de Ribeiras do Miño; dándolle a substitución nesta distinción a outro viño da D.O. Ribeira Sacra; Prómine Singular de Adegas Petrón S.L.
Dos seis premiados na categoría, Elaboracións con Madeira, tres son da D.O. Ribeira Sacra:
- Acio de Ouro Tinto, 12 Adega Vella, Adega Vella Xeracións S.L.
- Acio de Ouro Branco, 1904 Adega Vella, Adega Vella Xeracións S.L.
- Acio de Prata Tinto, Sollío, Juan Alberto Álvarez Rodríguez
A D.O. Ribeira Sacra faise con todos os premios na categoría,
Viños de Colleiteiro e de Pequenas Adegas:- Acio de Ouro Tinto, Romeo Domain, Isabel Fernández Prado
- Acio de Ouro Branco, Sollío, Juan Alberto Álvarez Rodríguez
A D.O. Ribeira Sacra faise con dous dos premios na categoría,
Viños de Colleitas anteriores:- Acio de Ouro Tinto, O´ Promine Singular, Bodegas Petrón
- Acio de Prata Tinto, Vía Romana, Adegas e Viñedos Vía Romana
Recibe tambén premio como o mellor de Galicia na D.O. Ribeira Sacra:
- Acio de Ouro Tinto, Matilda Nieves, Rectoral de Amandi SAU
A D.O Ribeira Sacra presentaba a esta cata, que pretende visibilizar, exaltar e promocionar os viños elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas e recoñecer o saber facer de adegueiros e viticultores, 66 mostras de 25 adegas, obtendo excelentes resultados, xa non só como Mellor Viño Tinto de Galicia, se non nas demais categorías que participaba.
Con este recoñecemento ao traballo ben feito, a D.O. Ribeira Sacra celebra os días 29 e 30 deste mes a
XXVII Cata dúas Viños da Ribeira Sacra e a súa gala de entrega de premios. Todo co lema,
“Ribeira Sacra, Proxecto Común”.