Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra leva recolleitos 1.453.200 quilos despois de comeza onte oficialmente a vendima

15/09/2023

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima este 14 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades nos últimos días de agosto. Tras o primeiro día oficial de vendima entraron en adega 1.453.200 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Mencía, 722.971 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 722.971 quilos
  • Merenzao 25.758 quilos
  • Garnacha 19.901 quilos
  • Brancellao 19.609 quilos
  • Caíno tinto 11.662 quilos
  • Tempranillo 3.283 quilos
  • Sousón 2.743 quilos
  • Mouratón 406 quilos
  Variedades brancas
  • Godello 543.352 quilos
  • Albariño 48.487 quilos
  • Treixadura 43.216 quilos
  • Loureira 4.495 quilos
  • Dona Branca 4.315 quilos
  • Blanco Lexítimo 1.978 quilos
  • Torrontés 1.024 quilos
Das 95 adegas que esperan vendimar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 64 están vendimando, 26 adegas estarían pendentes de comezar os traballos de recollida de uva e 5 xa finalizaron. Os viticultores rexistrados para esta vendima son 1.971 e as hectáreas rexistradas 1.307. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.