O 24 e 25 de setembro a D.O. Ribeira Sacra participa na 3ª edición de L de Lugo, Festa das Distribuidoras Lucenses e Feira Gastronómica Galega, que se celebra no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario de 12:00 a 21:00 horas.
TÚnel do Viño de Ribeira Sacra na Feira L de Lugo 2022
L de Lugo é escaparate da riqueza culinaria da provincia e un dos eventos gastronómicos máis importante do noroeste peninsular, que reivindica tamén o potencial turístico. Así durante dous días contarase cos mellores cociñeiros, os produtores máis destacados, denominacións de orixe, identidades xeográficas protexidas e as principais marcas do sector, entre as que non podía faltar o única D.O. vitícola da provincia.
A D.O. Ribeira Sacra terá un espazo propio con Túnel do Viño, guiado pola sumiller, Mercedes González Rodríguez, onde se poderán degustar máis de 40 marcas das seguintes adegas (as primeiras catro adegas, terán ademais na Feira, stand propio):
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España