A D.O. Ribeira Sacra pecha con 6.659.286 quilos, a terceira vendima máis produtiva da súa historia
13/10/2023
Despois de 51 días de vendima, a D.O. Ribeira Sacra alcanza os 6.659.286 quilos. O ano pasado o final da vendima foi nas mesmas datas, con 6.092.707 quilos vendimados. Este ano os controis de maduración levaron ao pleno do C.R.D.O.R.S. a fixar como data recomendada para o inicio oficial da vendima, o 14 de setembro, aínda que algunhas adegas en determinadas zonas comezaron con vendimas puntuais o 22 de agosto.
Nesta vendima 2023 contábase con 1.971 viticultores rexistrados, 1.307 hectáreas e 89 adegas que recolleron as seguintes cantidades por variedade de uva:
Variedades tintas
- Mencía 5.211.818 quilos
- Garnacha 259.800 quilos
- Sousón 96.259 quilos
- Merenzao 67.841 quilos
- Brancellao 62.092 quilos
- Caíño tinto 36.753 quilos
- Tempranillo 35.487 quilos
- Mouratón 7.275 quilos
- Grao Negro 2.010 quilos
Variedades brancas
- Godello 699.031 quilos
- Albariño 97.560 quilos
- Treixadura 63.663 quilos
- Dona Branca 8.149 quilos
- Loureira 5.191 quilos
- Branco Lexítimo 4.287 quilos
- Torrontés 2.070 quilos
A campaña 2023 convértese así na terceira máis abundante da historia da D.O. Ribeira Sacra, despois da vendima 2019, previa á pandemia con 7.262.831 quilos e o 2011 que case chega aos 7 millóns de quilos.
O
Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, valora así a campaña, “Sabiamos que había moitas uvas nas viñas. A climatoloxía foi moi boa para a recollida do branco e máis complicada para recoller o tinto, e aínda así temos unha colleita de gran calidade e importante cantidade”.