Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra en Xantar e no Foro Gastronómico de Barcelona

03/11/2023

A D.O. Ribeira Sacra acode un ano máis ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar23, que se celebra en Expourense ata o 5 de novembro. 10 adegas da D.O. Ribeira Sacra participan con máis dunha quincena de viños no Túnel do Viño que se leva a cabo para profesionais do sector.  

As adegas participantes son: Bodegas Regina Viarum, Adega Galanteiro, Alouviño, Bodegas Rectoral de Amandi, Viñas de Belesar, Adegas Condado de Sequeiras, Régoa, Chao do Couso, Bodegas Petrón, Bodega Gullufre (Isabel Fernández Prado). 

Despois de formar parte, durante a primeira xornada, da Cata “Un paseo por Galicia” e do Taller “Experiencias de Calidade de Galicia” con Lacón Galego IXP, Faba de Lourenzá IXP, Pataca de Galicia IXP e Grelos de Galicia IXP, os viños da D.O. Ribeira Sacra estarán presentes tamén nas seguintes actividades:

  • Día 3 de novembro de 13.45 h. a 14.30 h.: Degustación de Viño de Amandi e Rosca de Sober con queixos de D.O galegas. Localización: Espazo Festas Gastronómicas.
  • Día 3 de novembro de 18.00 a 19.00 h.: “Galicia sabe Amar: Mexillón de Galicia”. Viños D.O. Ribeira Sacra. Imparte: José Manuel Mallón Ardiós. Espazo Gastronómico Remollo (Ames – A Coruña). Localización: Aula Grupo Cuevas.
  • Día 3 de novembro de 19.30 a 20.30 h.: Cata comentada dos viños tintos premiados con «Acios de Ouro» nas Catas de Galicia 2023, onde estarán 5 tintos da D.O. Ribeira Sacra: Viña Vella (Mellor Viño Tinto de Galicia), 12 Adega Vella, Romeo Domain, Ó Prómine Singular e Matilda Nieves. Localización: Aula de Cata.
  • Día 5 de novembro de 16.30 a 17.30 h.: “Galicia sabe Amar: Rodaballo e troita de acuicultura”. Viños D.O. Ribeira Sacra. Imparte: Criselda Iglesias. Tapería Lecer (Cangas do Morrazo – Pontevedra). Localización: Aula Grupo Cuevas.

Xa do 6 ao 8 de novembro os viños da D.O. estarán no Foro Gastronómico de Barcelona. Ademais das adegas da denominación que acoden a nivel particular, a D.O. participará no programa Experiencias de Calidade da Xunta de Galicia:  

  • Día 6 de novembro de 13:30 - 14:30h. Masterclass IXP Tenreira Galega, IXP Vaca Galega-Boi Galego & IGP Torta de Santiago. Con viño da D.O. Ribeira Sacra. Presenta: Chef Javier Rodríguez Ponche “Taky” - Cátering Boketé (A Coruña)  
  • Día 6 de novembro de 17:00-18:00h. Cata-degustación viños tintos premiados cos ACIOS nas Catas de Galicia 2023. Viña Vella (Mellor Viño Tinto de Galicia), 12 Adega Vella, Romeo Domain, Ó Prómine Singular, Matilda Nieves, Sollío e Vía Romana. Presenta: Sumiller Alejandro Paadín.  
  • Día 7 de novembro de 15:30 - 16:30h. Cata-degustación brancos premiados cos ACIOS nas Catas de Galicia 2023. 1904 Adega Vella e Sollío. Presenta: Sumiller Alejandro Paadín.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.