Imprimir y PDF

Ribeira Sacra na Feira Internacional Prowein en Alemaña

16/03/2018

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente con stand propio na Feira Internacional Prowein www.prowein.com que se celebra do 18 ao 20 de marzo en Düsseldorf, Alemaña.

Ribeira Sacra estará no Pavillón de España, ICEX (España Exportación e Investimentos) Hall 10 Stand Nº C212.

É o terceiro ano que o Cosello Regulador acode a esta feira. Prowein é a feira profesional internacional de viño máis importante e de máis prestixio do mundo. Acolle, de feito, a máis de 6600 expositores, que representan a 295 rexións vitivinícolas de 60 países diferentes. Nela preséntanse máis de 400 especialidades de bebidas espiritosas a uns 58.500 visitantes profesionais de 130 países. Por todo iso, esta feira é unha cita ineludible para os profesionais do viño e é unha oportunidade excelente para promocionar e dar coñecer a D. Ou. Ribeira Sacra no mercado internacional onde os seus viños son cada vez máis demandados e valorados.

O Consello Regulador organizou un Túnel do Viño no que participan 17 adegas da Denominación de Orixe achegando 37 marcas de diferentes tipos de viños tintos, brancos e en barrica, de diferentes anadas, para que o público profesional asistente poida degustar a singularidade dos viños de Ribeira Sacra.

O domingo día 18 ás 14:30 h. o Consello Regulador realiza a cata “O Sabor dunha Paisaxe” de 8 viños representativos de Ribeira Sacra, no stand Oficial do ICEX co Programa de Catas de Viños de España, dentro do Plan Xeral de Promoción de Viños de España en Alemaña.
Es unha cata que terá unha gran repercusión xa que está dirixida exclusivamente a 30 profesionais do comercio, prensa, importadores, catadores e sector Horeca de Alemaña, na que estes profesionais poderán coñecer e profundar acerca dos viños de D.O. Ribeira Sacra da man dun experto.
As adegas que participan no Túnel do Viño do stand do Consello Regulador son:

  • ADEGA PONTE DA BOGA S.L.
  • ADEGAS E VIÑEDOS VIA ROMANA S.L.
  • ADEGAS MOURE S.A.
  • BODEGAS DE RECTORAL DE AMANDI S.A.U.
  • DOMINIO DO BIBEI S.L.
  • DON BERNARDINO S.L.
  • FINCA MILLARA BODEGAS Y VIÑEDOS S.R.L.
  • GRUPO PEAGO S.L.
  • PENA DAS DONAS S.L.
  • PILARES DE BELESAR S.L.
  • REGAL LOPEZ, ROBERTO
  • REGINA VIARUM S.L.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, JOSÉ MANUEL
  • RODRÍGUEZ LÓPEZ, VÍCTOR MANUEL
  • RODRÍGUEZ PÉREZ, ERNESTO
  • RONSEL DO SIL S.L.
  • TOLO DO XISTO S.L.

     
Por  a sua parte, as adegas: Adega Ponte da Boga S.L., Adegas e Viñedos Via Romana S.L., Bodegas de Rectoral de Amandi S.A.U., Finca Millara Bodegas y Viñedos S.R.L. y Tolo do Xisto S.L. tamén estarán presentes en Prowein 2018 con stand propio.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: