Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte, o 29 de xaneiro no Círculo das Artes de Lugo
25/01/2024
O C.R.D.O.R.S. organiza “Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte”, un especial salón de viños da D.O. Ribeira Sacra onde coñecer máis polo miúdo a viticultura de altura.
“Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte” desenvolverase no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, o luns, 29 de xaneiro, de 12:00 a 21:00h. Estarán presentes as adegas: Don Bernardino S.L., Pazo de la Cuesta S.L.U.; Viñas de Belesar S.L.U., Grupo Peago S.L. y Regina Viarum S.L.. A xornada seguirá a seguinte axenda:
- 12:00 h: Presentación do Salón de Viños no Salón Rexio
- 12:15 h: Cata maxistral con Mercedes González, sumiller e Presidenta en Vitislucus Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo.
- 14:30 h: Comida maridaxe (Previa reserva)
- 17:00 h: Salón de Viños
- 21:00 h: Peche do Salón
O
Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, destaca que, “É unha oportunidade única para afondar nas nosas castes, en elaboracions e crianzas especiais; nas nosas parcelas, chans, climas,…todas esas cuestións que fan tan característica a nosa viticultura e os nosos viños”.
Esta cita cos viños da D.O. Ribeira Sacra está dirixida a hostalería, adegas, restauración, distribuidores e outros profesionais do sector. Máis información e reservas en:
info@ribeirasacra.org /
mercedes.embajadora@gmail.com /whatsapp 689292675