Imprimir y PDF

Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte, o 29 de xaneiro no Círculo das Artes de Lugo

25/01/2024

O C.R.D.O.R.S. organiza “Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte”, un especial salón de viños da D.O. Ribeira Sacra onde coñecer máis polo miúdo a viticultura de altura.  

“Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte” desenvolverase no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, o luns, 29 de xaneiro, de 12:00 a 21:00h. Estarán presentes as adegas: Don Bernardino S.L., Pazo de la Cuesta S.L.U.; Viñas de Belesar S.L.U., Grupo Peago S.L. y Regina Viarum S.L.. A xornada seguirá a seguinte axenda

  • 12:00 h: Presentación do Salón de Viños no Salón Rexio
  • 12:15 h: Cata maxistral con Mercedes González, sumiller e Presidenta en Vitislucus Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo.
  • 14:30 h: Comida maridaxe (Previa reserva)
  • 17:00 h: Salón de Viños
  • 21:00 h: Peche do Salón

O Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, destaca que, “É unha oportunidade única para afondar nas nosas castes, en elaboracions e crianzas especiais; nas nosas parcelas, chans, climas,…todas esas cuestións que fan tan característica a nosa viticultura e os nosos viños”.  

Esta cita cos viños da D.O. Ribeira Sacra está dirixida a hostalería, adegas, restauración, distribuidores e outros profesionais do sector. Máis información e reservas en: info@ribeirasacra.org / mercedes.embajadora@gmail.com /whatsapp 689292675


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.