Imprimir y PDF

Ribeira Sacra na feria BWW (Barcelona Wine Week)

05/02/2024

Desde hoxe e ata o vindeiro mércores día 7 celébrase en Barcelona a feira BWW (Barcelona Wine Week)onde se dan a coñecer a gran diversidade territorial do patrimonio vitivinícola español. 

A BWW por terceira edición consecutiva supera as súas propias marcas en número de expositores e participantes, converténdose así nunha feira referente a nivel internacional e nacional. 

No espazo expositivo que a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) dependente da Conselleria de Medio Rural, ten na feira están a participar con stand propio 5 adegas da Denominación de Orixe: 

  • Adega Saiñas C.B.
  • Dominio do Bibei S.L.U.
  • Finca Cuarta (Rubén Moure Fernández)
  • Pazo de la Cuesta S.L.U.
  • Viñas de Belesar S.L.U.
Estas cinco adegas darán a coñecer ao público profesional que visite a feira o seu catálogo de viños, tamén outros viños da D.O. están presentes a través dos seus distribuidores ou representantes.
Todos eles acoden a esta feira coa finalidade de establecer novas relacións comerciais e de abrir novos mercados; e de manter os contactos xa existentes, así como dar a coñecer a nova anada e as novas elaboracións que caracterizan aos viños coa Denominación de Orixe Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.