A D.O. Ribeira Sacra participa na feira Wine Paris & Vinexpo Paris 2024, que se celebra do 12 ao 14 de febreiro no recinto Paris Expo Porte de Versailles.
Esta acción de promoción dos nosos viños no mercado internacional é a segunda á que acode a Denominación de Orixe este ano, despois de estar presente na Barcelona Wine Week. A seguinte feira dirixida ao mercado internacional á que acudirá o Consello Regulador Ribeira Sacra será a feira Prowein que se celebrará no mes de marzo na cidade alemá de Düsseldorf.
Wine Paris & Vinexpo Paris 2024 é a segunda acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e da II.GG. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) en París, tras acudir tamén a esta cita internacional no ano 2022.
A feira reúne durante 3 días a compradores internacionais e aos principais responsables da toma de decisións no mercado do viño. A participación na feira supón promocionar e dar a coñecer os viños da D.O. no mercado internacional, de modo que as adegas que xa exportan consolidan as súas vendas e as que aínda non o fan, teñen a oportunidade de abrir novos mercados.
As adegas que participan na feira son:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España