Imprimir y PDF

Ribeira Sacra participa na Wine Paris & Vinexpo Paris

09/02/2024

A D.O. Ribeira Sacra participa na feira Wine Paris & Vinexpo Paris 2024, que se celebra do 12 ao 14 de febreiro no recinto Paris Expo Porte de Versailles.  

Esta acción de promoción dos nosos viños no mercado internacional é a segunda á que acode a Denominación de Orixe este ano, despois de estar presente na Barcelona Wine Week. A seguinte feira dirixida ao mercado internacional á que acudirá o Consello Regulador Ribeira Sacra será a feira Prowein que se celebrará no mes de marzo na cidade alemá de Düsseldorf.

Wine Paris & Vinexpo Paris 2024
é a segunda acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e da II.GG. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) en París, tras acudir tamén a esta cita internacional no ano 2022.    

A feira reúne durante 3 días a compradores internacionais e aos principais responsables da toma de decisións no mercado do viño. A participación na feira supón promocionar e dar a coñecer os viños da D.O. no mercado internacional, de modo que as adegas que xa exportan consolidan as súas vendas e as que aínda non o fan, teñen a oportunidade de abrir novos mercados.  

As adegas que participan na feira son:

  • Abadia da Cova
  • Alma das Donas
  • Bodegas Petrón
  • Don Bernardino
  • Finca Cuarta
  • Finca Millara
  • Pazo de la Cuesta
  • Ponte da Boga
  • Rectoral de Amandi
  • Regina Viarum
  • Ronsel do Sil
  • Tolo de Xisto
  • Via Romana
  • Viña Vella
  • Viñas de Belesar

Descargas


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.