Imprimir y PDF

Ferran Centelles cata 50 viños da D.O. Ribeira Sacra

20/05/2024

O pasado xoves día 16, o recoñecido catador Ferran Centelles, coñecido pola súa traxectoria no prestixioso restaurante elBulli e a súa colaboración coa publicación internacional Jancis Robinson, visitou o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Durante a súa visita, Centelles realizou unha cata a cegas de 50 viños da denominación.

En palabras de Centelles “A Ribeira Sacra é unha rexión que se valora moito tanto polo esforzo da viticultura que conleva como polos seus produtos, concretamente os seus Mencías atlánticas frescas e os seus Godellos puros e limpos, estes son viños moi atractivos para o mercado”.

Esta cata forma parte dos esforzos continuos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para destacar a calidade e singularidade dos seus viños no panorama internacional. A presenza dun experto da talla de Centelles subliña o prestixio e recoñecemento que os viños da nosa rexión alcanzaron nos últimos anos.

Esta colaboración entre Jancis Robison e o Consello Regulador reflicte o compromiso do Consello en promover e consolidar a reputación dos seus viños a través de plataformas de alto impacto e expertos recoñecidos no sector enolóxico.

Durante a cata, Ferran comentou que o consumidor especializado quizais non valora tanto o custo desta vendima heroica, senón máis a alma e a diferenciación dos viños. Os viños de Ribeira Sacra son viños moi únicos e singulares, con moito frescor, con toques herbales e vibrantes. Ao consumidor final non podemos pedirlle que valore unha vendima máis “dolorosa” pero podemos ofrecerlle viños máis atrevidos, máis delicados e con máis carácter.

O catador concluía que “hai que potenciar máis a singularidade, que as adegas non teñan medo de facer viños dun único viñedo, que faltan, e que non teñan medo de facer viños delicados. Delicadeza é o que falta historicamente en España e a Ribeira Sacra ten o potencial de ofrecer eses viños.”

Destacar que Ferran Centelles xa visitara anteriormente o Consello Regulador en Monforte de Lemos en 2020. Naquela ocasión, a súa visita estivo enfocada en reunirse con hostaleiros e adegueiros da rexión para promover o proxecto Bullipedia, unha enciclopedia de coñecemento gastronómico impulsada polo equipo de elBulli.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.