Imprimir y PDF

A Ribeira Sacra Celebra a XXVIII Edición dos seus Premios Anuais

20/07/2024

Este 19 de xullo tivo lugar a entrega de premios da XXVIII Edición dos Premios Ribeira Sacra, acto organizado polo Consello Regulador da Ribeira Sacra en colaboración co Concello de Monforte de Lemos. O acto comezou coa entrega de premios, realizada pola olería Gundivós. Unha vez entregados os premios, continuou o cóctel para os asistentes, permitindo un espazo de convivencia e de celebración dos éxitos acadados. Nesta edición premiáronse as mellores producións en tres categorías: tintos, brancos e outras anadas. Os premios distribuíronse do seguinte xeito:

Categoría Tintos:

  • Ouro: Val da Lenda de Victor Manuel Rodríguez López
  • Prata: Campaza de Casa Moreiras S.L.
  • Bronce: Ciudaseis de María Gloria Alvarín Losada
Categoría Brancos:
  • Ouro: Sollio de Juan Alberto Álvarez Rodríguez
  • Prata: Don Bernardino de Don Bernardino S.L.
  • Bronce: As Glorias de Amedo S.L.
Categoría Outras Anadas:
  • Ouro: 4a Xeración Mencia Barrica 2020 de Don Bernardino S.L.
  • Ouro: Regina Dona Godello Barrica 2022 por Regina Viarum S.L.
  • Ouro: Prómine Singular Mencia 2022 de Bodegas Petrón S.L.
Estes galardóns non só recoñecen a excelencia na elaboración dos viños da Ribeira Sacra, coñecidos pola súa singularidade e calidade polas características singulares do seu terroir e da heroica viticultura en terrazas, senón que reforzan o compromiso da comarca coa calidade e a tradición vinícola que a distingue. Nesta edición participaron 67 viños de 24 adegas, 23 deles tintos, 18 brancos e 26 na categoría doutras anadas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.