Imprimir y PDF

Conmemoración dos 900 anos de Rovoyra Sacrata

21/08/2024

O pasado 21 de agosto, a Ribeira Sacra conmemorou os 900 anos do seu nome cun evento no Mosteiro de Santa María de Montederramo, organizado polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Asistiron diversas personalidades, como o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; xunto coa directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª do Carmen Martínez; e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

A celebración marcou un fito importante na historia do lugar, xa que o termo "Rovoyra Sacrata" foi documentado por primeira vez nun texto histórico con data do 21 de agosto de 1124. Este documento é no que a raíña Teresa de Portugal, xunto co conde Fernando Pérez e co seu fillo Alfonso Enríquez, doan ao Mosteiro de Santa María de Montederramo o lugar de "Rovoyra Sacrata", cuxos termos se delimitan no territorio de Caldelas, e concede sobre o mesmo privilexio de exención xurisdiccional. Así aparece por primeira vez o nome que perdurou ao longo dos séculos e que se converteu en sinónimo da rica historia e do patrimonio cultural da Ribeira Sacra.

O acto, ao que tamén acudiu o presidente do Concello Regulador, Antonio Lombardía, incluíu unha visita guiada ao mosteiro, seguida de discursos das autoridades presentes, unha actuación musical e de danza, e culminou cun brindis con viños da D.O. Ribeira Sacra.

Esta celebración tamén destacou a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial 'Paisaxe da auga: Ribeira Sacra' da UNESCO, cuxa proposta será presentada en febreiro de 2025. A candidatura, reestruturada tras unha revisión inicial en 2020, pon en valor a conexión histórica e cultural entre o paisaxe da Ribeira Sacra, esculpido pola auga, e os seus habitantes, representando un valor universal excepcional.

Ao respecto, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, destacou: "estamos nun enclave do mundo onde conflúen as provincias de Ourense e Lugo, a historia, a natureza, o patrimonio e unha forma de vivir e entender a vida que lle confire á Ribeira Sacra esa aura tan especial que vén cultivando, como se vive a viticultura no seu impactante paisaxe: dunha maneira heroica".


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.