Imprimir y PDF

Viños premiados no I Concurso Vinespaña

26/04/2018

Os pasados 19 e 20 de abril celebrouse no alcázar de Jerez de la Frontera (Cádiz) a primeira edición do Concurso de Viños Vinespaña 2018 no que os viños da D. O. Ribeira Sacra obtiveron un total de 8 medallas, unha noticia moi positiva para a Denominación de Orixe, que constata a excelente calidade dos viños amparados polo Consello Regulador.

Os viños premiados de Ribeira Sacra na I Edición do Concurso Vinespaña son:

  • Dentro da Categoría Gran Ouro: XIANA 2017 de Chao do Couso S. L.
  • Dentro da Categoría Oro: PRÓMINE 2017 de Bodegas Petrón S. L. PROENCIA 2017 de Tomas Arias Fernández e CORGA 2016 de Pereimos 2007 S. L.
  • Dentro da Categoría Prata: AS MURAS 2016 de Javier Méndez Arias, GUIMARO 2017 de Pedro Manuel Rodriguez, ALOUCE 2017 de Chao do Couso S. L e BARBADO 2014 de Javier Méndez Arias


O Concurso de viños Vinespaña 2018 está organizado pola FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ASOCIACIÓNS DE ENOLOGOS ( FEAE) que ten por obxecto non só a representación e defensa dos intereses profesionais dos enólogos senón tamén a colaboración co sector vitivinícola e enolóxico español. Así, realiza actividades de representación ante administracións, institucións e organismos públicos e accións formativas e campañas de promoción a través de concursos de viños, cursos de cata e de divulgación de viños.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.