Imprimir y PDF

23 de setembro, data recomendada para o inicio oficial da vendima na D.O. Ribeira Sacra

12/09/2024

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra reuniuse este 12 de setembro para decidir a data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe.

Para iso, téñense en conta os datos dos controis de maduración que técnicas do Consello Regulador realizaron en parcelas representativas das cinco subzonas da D.O. (Amandi, Chantada, Ribeiras do Sil, Ribeiras do Miño e Quiroga-Bibei) e con todas as variedades de uva acollidas á mesma. Os primeiros controis de maduración comezaron o día 26 de agosto.

O pleno decidiu como data oficial para esta campaña o 23 de setembro. O pasado ano a data oficial foi o 14 de setembro, finalizando a vendima alcanzando os 6.659.286 quilos de uva recollida.

Dende o pasado día 29 de agosto, algunhas adegas comezaron traballos puntuais de recollida de uva. Deste xeito, ata onte, 11 de setembro, 29 adegas dun total de 94 realizaron tarefas de vendima, chegando a un total de 244.707 quilos de uva recollida ata a mencionada data.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: