Imprimir y PDF

Inicio oficial da vendima na D.O. Ribeira Sacra

24/09/2024

Onte, 23 de setembro, comezou oficialmente a vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, tal e como se determinou polo Pleno do Consello Regulador en base aos controis de maduración realizados polas técnicas do propio Consello. Este ano, os adegueiros da zona destacaron as excelentes condicións das uvas, o que augura unha colleita de alta calidade.

A pesar de que a data sinalada foi o día 23, xa algúns viticultores e adegas iniciaron a vendima con anterioridade. Desde o inicio da campaña, recolléronse xa a cantidade de 2.097.375 quilos de uvas, datos a data 23 de Setembro. Dos anteriores, 1.204.626 quilos corresponden a uva Mencía, sendo o Godello a segunda variedade máis recollida con 643.379 quilos. Outras variedades destacables, entre outras, ata a data vendimadas, ordenadas por quilos recolleitos, foron: Merenzao, Albariño, Treixadura e Garnacha. Todas elas mostraron unha excelente maduración, o que confirma as expectativas de obter viños de gran calidade.

A vendima na D.O. Ribeira Sacra é un momento clave, non só pola tradición vitivinícola, senón tamén polo impacto que ten na economía local. Os traballos nas adegas continuarán durante as próximas semanas, a medida que os viticultores aproveiten as condicións climáticas para recoller o froito no seu punto xusto de maduración.

O Consello Regulador seguirá monitorizando o proceso para garantir que se manteñan os altos estándares de calidade que caracterizan aos viños desta Denominación de Orixe.

Ata o momento, con data de 23 de setembro, recolléronse as seguintes cantidades de uva tinta en quilos:

  • Mencia: 1.204.626
  • Garnacha: 23.462
  • Brancellao: 14.926
  • Merenzao: 43.303
  • Caiño tinto: 9.655
  • Grao negro: 0
  • Mouraton: 3.817
  • Souson: 9.159
  • Tempranillo: 9.521

E de uva branca:
  • Albariño branco: 79.755
  • Godello: 643.579
  • Treixadura: 9.052
  • Dona branca: 1.951
  • Loureira: 6.181
  • Torrontes: 1.136


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: