Imprimir y PDF

Os viños da D.O. Ribeira Sacra destacan no Mondial des Vins Extrêmes 2024

08/10/2024

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acadou excelentes resultados na recente edición do Mondial des Vins Extrêmes 2024, un certame enolóxico de referencia mundial para os viños producidos en rexións de montaña ou mediante viticultura heroica. Este ano, o evento celebrouse no Val de Aosta, Italia, unha rexión alpina coñecida polos seus viñedos en pendentes pronunciadas.

O Mondial des Vins Extrêmes, celebrado os días 29 e 30 de setembro, contou coa participación de 356 adegas de 25 países e un total de 1.015 viños inscritos. O xurado, composto por 50 técnicos catadores internacionais, outorgou 64 Grandes Medallas de Ouro e 241 Medallas de Ouro, entre outros premios especiais.

Este concurso busca promover e poñer en valor a viticultura en zonas con dificultades extremas; viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (terrazas ou terreos con máis do 30% de pendente ou altitude superior a 500 metros s.n.m. ou das pequenas illas). Ademais de recoñecer a singularidade destes viños, o certame destaca o esforzo dos viticultores e adegas na conservación do medio ambiente e o territorio. Esta competición forma parte da Federación dos grandes concursos enolóxicos internacionais (VINOFED).

Viños da D.O. Ribeira Sacra premiados en 2024

Nesta edición, participaron 16 adegas da D.O. Ribeira Sacra con un total de 39 mostras querecibiron varios galardóns: 2 gran medalla de ouro e 11 medalla de ouro, subliñando acalidade e o carácter distintivo desta denominación:

  • Gran Medalla de Ouro:
    • Godello Pazo da Maga 2023 – Pazo da Maga S.L.U. (Sober, Lugo)
    • Mencía Quitapesares 2020 – Adega Vella Xeracions S.L. (Abeleda)
  • Medalla de Ouro:
    • Vía Romana Mencía La Heroica 2019 – Adega e Viñedos Vía Romana (Chantada, Lugo)
    • Pizarras y Esquistos 2021 – Adega Ponte da Boga S.L. (Castro Caldelas, Ourense)
    • Brancellao 2022 – Pazo de la Cuesta (Ribas de Sil)
    • Mencía Don Xoan 2023 – Bodega Gullufre (Sober, Lugo)
    • Mencía Prómine Singular 2023 – Bodegas Petrón S.L. (Doade, Sober, Lugo)
    • Mencía Don Bernardino Ibio 2021 e Mencía Don Bernardino Carcava 2023 – Don Bernardino (Sober, Lugo)
    • Mencía Don Cosme 2022, As Covas 2019 e Godello Inseparables 2021 – EDV S.L.U. (Quiroga, Lugo)
    • Origen 2020 – Regina Viarum S.L. (Sober, Lugo)

Estes resultados reflicten o esforzo continuo das adegas da Ribeira Sacra por producir viños de gran calidade, aínda que se enfronten ás condicións adversas que presenta este tipo de viticultura. O recoñecemento acadado no Mondial des Vins Extrêmes subliña a relevancia desta denominación dentro do panorama internacional dos viños de montaña.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.