A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acadou excelentes resultados na recente edición do Mondial des Vins Extrêmes 2024, un certame enolóxico de referencia mundial para os viños producidos en rexións de montaña ou mediante viticultura heroica. Este ano, o evento celebrouse no Val de Aosta, Italia, unha rexión alpina coñecida polos seus viñedos en pendentes pronunciadas.
O Mondial des Vins Extrêmes, celebrado os días 29 e 30 de setembro, contou coa participación de 356 adegas de 25 países e un total de 1.015 viños inscritos. O xurado, composto por 50 técnicos catadores internacionais, outorgou 64 Grandes Medallas de Ouro e 241 Medallas de Ouro, entre outros premios especiais.
Este concurso busca promover e poñer en valor a viticultura en zonas con dificultades extremas; viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (terrazas ou terreos con máis do 30% de pendente ou altitude superior a 500 metros s.n.m. ou das pequenas illas). Ademais de recoñecer a singularidade destes viños, o certame destaca o esforzo dos viticultores e adegas na conservación do medio ambiente e o territorio. Esta competición forma parte da Federación dos grandes concursos enolóxicos internacionais (VINOFED).
Viños da D.O. Ribeira Sacra premiados en 2024
Nesta edición, participaron 16 adegas da D.O. Ribeira Sacra con un total de 39 mostras querecibiron varios galardóns: 2 gran medalla de ouro e 11 medalla de ouro, subliñando acalidade e o carácter distintivo desta denominación:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España