Imprimir y PDF

Acruaga promociona os viños, licores e augardentes galegos participando nunha cata dirixida polo Master of Wine Pedro Ballesteros

22/01/2025

Os seis consellos reguladores que conforman Acruaga estarán presentes no Pazo de
Quián, Boqueixón (A Coruña), durante as xornadas do 20 e 21 de xaneiro, cun total de 232
viños. A cata tamén inclúe a degustación de produtos das catro II.XX. de Augardentes e
Licores Tradicionais de Galicia.
Boqueixón (A Coruña), 20 de xaneiro de 2025.- Un total de 232 viños, 160 brancos e 72
tintos, procedentes de todas as denominacións de orixe de Galicia (Monterrei, Rías
Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), participan entre hoxe luns día 20 de xaneiro
e mañá martes día 21, nunha cata dirixida polo Master of Wine Pedro Ballesteros, quen
tamén degustará produtos que se embotellan baixo as catro Indicacións Xeográficas de
Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
As instalacións do Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), albergan a celebración desta
cata cuxos resultados formarán parte dos Informes Españois do Club Oenologique para
2025. Un resumo deste informe publicarase na prestixiosa revista impresa Club
Oenologique, ademais de poder consultalo de forma completa de maneira online.
Club Oenologique é unha plataforma de prestixio que inclúe unha revista, unha
plataforma dixital e eventos exclusivos. Nesta ocasión, o informe presentado por Pedro
Ballesteros está dirixido aos consumidores de viños de alta gama, polo que se destacará
na sección Colección do sitio web, xunto con outros de éxito como Informes de
Champagne, Grower Champagne, Italiano e Rosado.
Hoxe foi o turno das denominacións de orixe Ribeiro, Valdeorras e Ribeira Sacra. Mañá,
Ballesteros terá ocasión de degustar as propostas de Rías Baixas e Monterrei.
Datos de participación por D.O.
D.O. Rías Baixas: 78 viños; 76 brancos, 2 tintos.
D.O. Ribeira Sacra: 33 viños; 8 brancos, 25 tintos.
D.O. Valdeorras: 54 viños; 27 brancos, 27 tintos.
D.O. Monterrei: 13 viños; 9 brancos, 4 tintos.
D.O. Ribeiro: 54 viños; 40 brancos, 14 tintos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.