Imprimir y PDF

ACLARACIÓN SOBRE A POSIBILIDADE DE INSTALAR UNHA ADEGA AMPARADA NA D.O. RIBEIRA SACRA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE MONFORTE DE LEMOS

22/01/2025

Que ante o interese, reflexado nos medios de comunicación, sobre a posibilidade de
instalar unha adega ampara pola D.O. Ribeira Sacra no polígono industrial de Monforte de
Lemos, queremos aclarar que, a data de hoxe, a información urbanística que manexa o
Consello Regulador é a publicada no Diario Oficial de Galicia nº 139 de data 18 de xullo de
2024, Decreto 168/2024, do 8 de xullo, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,
polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os concellos de Sober e Monforte
de Lemos. Neste Decreto, disponse a resolución da cuestión suscitado entre os concellos de
Sober e Monforte de Lemos sobre o deslindamento dos seus termos municipais no sentido de
establecer que a liña límite xurisdicional entre ditos termos municipais na zona litixiosa sexa a
que se recolle na proposta realizada polo Instituto Geográfico Nacional, que constan como
anexo I de este decreto e tal como se representa no ortofotomapa E:1:5.000 do Instituto
Geográfico Nacional, que figura como anexo II de ese decreto. No plano do Instituto
Geográfico Nacional, anexo II do decreto, o polígono industrial de Monforte de Lemos atopase
integramente no concello de Monforte de Lemos.
Que tendo en conta o recollido no Prego de Condicións do Consello Regulador da D.O.
Ribeira Sacra, apartado 8.- Disposicións aplicables no apartado b.2) Requisitos para a
elaboración e o embotellado indicase que “a zona de elaboración coincide coa zona de
produción e que a maiores pola costumes e dificultades orográficas autorízase a elaborar,
almacenar e embotellar en una serie de parroquias que se procede a enumerar”.
A parroquia de Piñeira no concello de Monforte de Lemos non se atopa no listado de
parroquias produtoras do concello de Monforte de Lemos.
O concello de Monforte de Lemos non ten ningunha parroquia no listado de parroquias que
aínda non sendo produtoras si se autorizan como zonas de elaboración, de almacenaxe e
embotellado.
Por todo o anterior o polígono industrial de Monforte de Lemos non e susceptible de albergar
unha instalación para a elaboración de viño amparado pola D.O. Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.