O pleno do Consello Regulador Ribeira Sacra, reunido o día 10 de febreiro de 2025 e por solicitude da Comisión de Viticultura aprobou a suspensión temporal, ata o 15/08/2025, das inscricións de novas viñas no rexistro de viñas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, salvo naqueles concellos que a súa delimitación este aprobada polo pleno do consello regulador anteriormente a esa data.
Procederemos pois a iniciar a delimitación planimétrica da D.O. onde se reflexarán os terreos susceptibles de estar amparados pola D.O. Ribeira Sacra. Esta información unha vez aprobada polo pleno do Consello Regulador será publica para toda persoa interesada na súa consulta.
Os viticultores poden seguir solicitando inscricións de novas parcelas pero só se resolverán antes de citada data si ese concello xa foi delimitado. Para os concellos que non de tempo a delimitalos esta campaña as solicitudes analizaranse polo órgano de control e de ser o caso pola comisión de viticultura a partir do 15/08/25. O resto de cambios no rexistros do Consello (cambios de titular, cambios de variedades,...) seguiran realizándose como ata agora.
Esta é unha das medidas encamiñadas en avanzar pola senda de calidade dos produtos amparados pola D.O. Ribeira Sacra, para situar a D.O. como unha zona vitícola referencial no estado.
Este é un paso para poñer en valor o noso territorio que deberá seguir avanzando posteriormente coa identificación das zonas de bancais e a posterior zonificación.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España