Imprimir y PDF

ACRUAGA inaugura as clases presenciais do Curso de Nivel 2 da prestixiosa WSET

17/02/2025

Un total de 25 alumnos, que é o aforo máximo permitido, comezaron esta mañá as clases presenciais do Curso de Nivel 2 da WSET (Wine & Spirit Education Trust), impartido pola Galicia Wine Academy, e impulsado pola Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.XX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) que conta co respaldo da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do IGAPE. O encargado de impartir a formación é o enxeñeiro e director en España da mencionada academia, Jorge Vila Fernández, Diploma Nivel 4 en Vinos WSET, WSET Certified Educator e formador homologado da D.O. Rioja, D.O. Jerez e D.O. Cava.

Trala benvida de Concha Iglesias, presidenta do C.R.D.O. Ribeiro, Antonio Lombardía, presidente de ACRUAGA, agradeceu esta mañá aos participantes a súa presenza e manifestou a aposta de ACRUAGA por programas “centrados no coñecemento do propio sector vitivinícola e en cursos orientados a fortalecer e mellorar as estratexias comerciais e a internacionalización dos nosos viños, augardentes e licores”. Por último, Jorge Vila quixo destacar, na súa intervención, as características do curso e a súa importancia dentro do mundo do viño para os profesionais xa acreditados nos diferentes niveis da WSET. 

O curso
Ademais dunha carga lectiva non presencial de tres meses, durante a que o alumnado participante realizou a súa propia preparación de materiais, este curso conta cunha carga de 18 horas presenciais que se realizarán nas instalacións do Laias Caldaria Hotel Balneario e que se dividirán en tres xornadas, dous venres (14 e 21 de febreiro) e un sábado (22 de febreiro), durante as que se buscará, tal e como se destaca nos obxectivos do curso, “un coñecemento básico pero sólido sobre viños, estudiando as principais variedades de uva no mundo e as rexións nas que se cultivan”, todo elo para estudiar “os diferentes estilos de viño aos que dan lugar e os términos que os identifican nas súas etiquetas”.

Os 25 participantes (o número máximo admitido para realizar o curso) aprenderán sobre os factores que inflúen no estilo de cada viño, as principais variedades de uva, calidades do viño, principais rexións vinícolas do mundo, e estudiarán a elaboración dos viños espumosos, doces e xenerosos, espirituosos, ademais do seu almacenaxe, elección e servizo de cada un. Culminarán os contenidos do curso ca aprendizaxe da Técnica Sistemática de Cata de Viño WSET – Nivel 2. Un exame final medirá os seus coñecementos ao término das xornadas presenciais do curso.

A WSET
A prestixiosa Wine & Spirit Education Trust (WSET) é o maios proveedor mundial de cualificacións en viños, espirituosos e sake. É unha institución recoñecida polas empresas e organización de bebidas máis importantes do mundo, líder en el desenrolo e impartición de cursos de viños e espirituosos desde fai cinco décadas. 
Ofrece catro cursos de niveis progresivos que se imparten en máis de 70 países diferentes a través dunha rede de centros de ensinanza, e cuxas cualificacións capacitan a profesionais e entusiastas destas bebidas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.