Imprimir y PDF

Os viños de Ribeira Sacra destacan no informe "Galicia 2025" de Tim Atkin

13/03/2025

O informe "Galicia 2025", elaborado pola experta en viños Beth Willard para o crítico internacional Tim Atkin, sitúa unha vez máis a Ribeira Sacra como unha das denominacións de orixe máis relevantes do panorama vitivinícola español. A publicación recoñece a singularidade dos seus viños e o traballo das súas adegas, reflectido nas altas puntuacións obtidas e nos premios outorgados en distintas categorías.

Presenza destacada no ranking de viños galegos

No seu análise, Beth Willard avaliou 486 viños e visitou 64 adegas en Galicia. Entre os viños mellor valorados, Ribeira Sacra ocupa un lugar destacado, con varias referencias que obtiveron puntuacións sobresalientes.

Dentro do "Top 100 Galicia 2025", o Camino Empedrado Merenzao 2022 de Bodegas Mauricio Lorca foi distinguido como "Viño Rosado do Ano", un recoñecemento que pon en valor a súa calidade enolóxica e expresividade varietal.

Entre os viños que superaron os 95 puntos, atópanse:

  • 97 puntos: Adegas Algueira, Algueira Merenzao 2013
  • 96 puntos: Adegas Algueira, Homenaje 2013; Adegas Algueira, Pizarra 2017; Ronsel do Sil, Muller Cepa 2022; Ronsel do Sil, Pórtico de Gloria Brancellao 2023
  • 95 puntos: Finca Míllara, Valiño 2022; Adegas Algueira, Pizarra 2012; Adegas Algueira, Escalada 2023; Adegas Algueira, Mencía Barrica 2007; Adegas Saíñas, Saíñas Sinuoso 2021; Bodegas Mauricio Lorca, Camino Empedrado Blend 2020; Ronsel do Sil, Alpendre Merenzao 2022; Ronsel do Sil, Ourive Dona Branca 2023; Val da Lenda, Sete Tolos 2019.

Recoñecementos a profesionais e adegas de Ribeira Sacra

O informe non só pon en valor os viños, senón tamén o traballo dos profesionais que impulsan a súa calidade e proxección. Nesta edición, o galardón a "Xoven Enólogo do Ano" foi concedido a Adrián Rodríguez Moure, de Abadía da Cova, en recoñecemento á súa labor no desenvolvemento da viticultura heroica de Ribeira Sacra.

Ademais, Bodegas Regina Viarum recibiu o "Premio ao Enoturismo", destacando a súa contribución á promoción do turismo vitivinícola e a súa aposta pola divulgación da cultura do viño.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.