O día 9 de abril foi publicado no DOGA a orde da CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL do 4 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á colleita en verde da viña en Galicia e se convocan para o ano 2025
A colleita en verde é destrución ou eliminación total dos acios de uvas de viñedos que se destinen á produción de uva para vinificación de maneira que se reduza a cero o rendemento da parcela, sen que poidan existir uvas sen vendimar na parcela de viñedo obxecto da axuda.
A parcela de viñedo deberá ter sido plantada previamente ás tres campañas anteriores a aquela na que se solicita a axuda, ter unha superficie igual ou superior a 500 metros cadrados, atoparse en produción e en bo estado vexetativo
A eliminación dos acios debe facerse de maneira manual. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos
O prazo de presentación será dende a data de publicación no DOGA ata o 25 de Abril. A resolución das parcelas e solicitudes admitidas será antes do 30 de xuño.
Dende esta fecha ata o 15 de xullo deberá realizarse a eliminación dos acios
A partir de esta fecha a administración realizará controis sobre o terreo a todas as parcelas ás que se concedeu a subvención.
El importe da axuda abarca a suma de dous conceptos
- Primeiro: O importe de eliminación física dos acios que será o 50% do custo, considerado o custo de 1.547,57 €/ha si o realiza o viticultor e 2.499,78 €/ha si se fai mediante contratación externa ou persoal asalariado,
- Segundo: O importe da compensación económica do 50 % do produto calculado de multiplicar o rendemento medio da parcela obxecto da axuda considerando para o seu cálculo a media aritmética das tres últimas campañas vitícolas por o valor da uva que é de 1,17 €/kg.
Para o informar sobre estas axudas o consello regulador realizará as seguintes charlas
- Día 14 de abril as 19:30 no Auditorio de Chantada
- Día 15 de abril as 19:30 na Casa da Cultura de Sober
- Día 16 de abril as 19:30 no Castelo de Castro Caldelas
Para calquera aclaración ou axuda para presentar a solicitude poden chamar o Consello Regulador Ribeira Sacra o número de 982410968 ou o email info@ribeirasacra.org.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España