Imprimir y PDF

Entre o 1 e o 3 de maio celébrase a Feira do Viño de Vilachá

Os viños da D.O. Ribeira Sacra son protagonistas de seminarios e feiras

28/04/2009

O Centro de Negocios Galicia Europa estivo celebrando un seminario sobre as características dos viños das cinco D.O. galegas. Correu por conta de David Barco, presidente da Asociación Galega de Sumilleres, que precisamente neste mes falaba da D.O.R.S. a través da web do Consello Regulador.

E na Mariña de Lugo ponse en marcha este ano unha iniciativa gastronómica. Entre o 30 deste mes e o 3 de maio no parque San Francisco de Ribadeo levarase a cabo a feira ??Con queixo, pan e viño ven ao camiño?, parte fundamental serán os viños e queixos galegos, con representación dos viños da Ribeira Sacra.

E onde os viños da Ribeira Sacra son protagonistas indiscutibles é nas feiras do viño que se celebran dentro do territorio da D.O. Esta fin de semana celébrase unha das de máis encanto, a de Vilachá, no concello de Pobra de Brollón. Aproveitando a festividade do 1 de maio, a feira comenzará xa o venres para prolongarse ata o domingo. Durante os tres días sucederase a música, a gastronomía e sobre todo o bo viño para degustar nas centenarias adegas de Vilachá, nun entorno cheo de tradición.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.