Imprimir y PDF

Referente do mercado do viño en España

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra promociónase en Fenavin.

04/05/2009

Ciudad Real acolle entre o 5 e o 7 de maio Fenavin 2009, V edición da Feira Nacional do Viño. Unhas 1.000 adegas, cooperativas e Consellos Reguladores de toda a xeografía española estarán presentes no que é unha das feiras máis importantes do mundo do viño en España. Tendo como referencia anos anteriores, a maior parte dos importadores e distribuidores que chegan a Fenavin proceden de Alemania, EEUU, Xapón, Polonia, República Checa, Reino Unido e Holanda.
No que levamos de ano a Denominación de Orixe Ribeira Sacra estivo presente, entre outras feiras en Gourmets, Xantar ou Fitur, acaba de participar en ??Con queixo, pan e viño, ven ao camiño? e unha das seguintes feiras ás que acudirá será Vinis Terrae.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.