Imprimir y PDF

A XXIX Cata de Viños da Ribeira Sacra premiará este venres os mellores tintos e brancos da colleita 2024

08/07/2025

Este venres, 11 de xullo, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrará a XXIX edición da súa tradicional Cata dos Viños da Ribeira Sacra. Nesta cita anual premiaranse os mellores viños tintos e brancos da colleita 2024, así como unha selección destacada de viños doutras colleitas.A Cata de Viños da Ribeira Sacra desenvolverase en catro fases:

  • Recollida de mostras nas adegas.Recóllense 3 unidades ao azar do stock do viño presentado. Estas mostras foron recollidas entre o 27 de xuño e o 7 de xullo polas técnicas do Consello Regulador.
  • Precintado das mostras,realizado o 9 de xullo.
  • Unha precata a cegaspara facer unha selección dos viños finalistas que serán catados novamente ao día seguinte. Esta fase celébrase o 10 de xullo. Seleccionaranse como finalistas 10 viños tintos, 6 viños brancos e 6 viños doutras colleitas.
  • A cata a cegas dos viños finalistas, que terá lugar o venres 11 ás 12:00 h.
Nesta edición participan 21 adegas, que presentaron un total de 65 mostras:
  • 21 viños tintos.
  • 18 viños brancos.
  • 26 viños doutras colleitas.
Os viños compiten en tres categorías:
  • Viños Tintos:Ribeira Sacra Tinto colleita 2024.
  • Viños Brancos:Ribeira Sacra Súmmum Branco colleita 2024.
  • Viños doutras colleitas:viños barrica da colleita 2024 e viños doutras colleitas distintas á de 2024 que non participaran noutras edicións deste concurso.
O xurado, presidido polo director técnico do Consello Regulador e supervisado polo notario de Monforte de Lemos, está composto por sete membros do panel de cata da D.O. Ribeira Sacra.O panel de cata nesta edición de 2025 está formado por:
  • Maira Ratón Fernández
  • Gelín Fernández
  • Bruno Lovelle
  • Rosa Domínguez Domínguez
  • Pablo Íbañez
  • José Felicíisimo Pereira Freijido
  • José Antonio Fernández Somoza
A entrega de premios será ás 19:00 h no hotel IBERIK Augas Santas Balneario & Golf, en Pantón. Concederanse medallas de ouro, prata e bronce aos mellores viños tintos e brancos, e ata tres medallas de ouro na categoría de viños doutras colleitas. Cada premio vai acompañado dun trofeo exclusivo, elaborado en barro polo artesán José Elías González Prieto, do Centro de Olería de Gundivós.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.