Imprimir y PDF

Na calusura do II Congreso do Cervim

O VICEPRESIDENTE DA XUNTA, ANXO QUINTANA

18/03/2008

� necesario aproveitar as vantaxes que ofrece a viticultura de montaña para que este carácter distintivo se transforme en oportunidades para competir. Estas ventaxes hai que poñelas ao servizo da dinamización socioeconómica, a ordenación territorial, a xeración de emprego e a fixación de tecido social nas áreas rurais, e o sector do viño ofrece as oportunidades para acadalo.
A celebración deste congreso en Monforte lexitima o traballo realizado en Ribeira Sacra e pon de manifesto que Galicia ten merecido por méritos propios ser sede deste importante foro.
Ademais o Congreso serve para facer fincapé na necesidade de manter un modelo vitivinícola baseado nunha oferta singular e de calidade, con máximas garantías de transparencia para os consumidores. A viticultura heroica representa menos do 5% da superficie vitícola total de Europa, pero o 100% en riqueza con denominación de orixe. Concretamente Galicia representa o 8% da superficie de viñedo destas características existentes en toda a U.E. e é, ata o momento, a única zona do Estado adherida ó Cervim. A viticultura heroica conforma paisaxes de alto valor e é unha garantía de protección medioambiental, de desenvolvemento rural e un reclamo turístico de primeira magnitude. Por este motivo o Goberno galego desprega unha estratexia para preservar a singularidade deste tipo de producións. Así deseñouse o Plan de Actuación Global de Infraestruturas Agrarias Vitícolas na Ribeira Sacra, un plan dotado con 10 millóns de euros ata o ano 2010, que aposta pola modernización do sistema produtivo, polo fortalecemento das dinámicas de relevo xeracional no sector agrario e pola promoción da dignificación das condicións laborais.
� necesario convencernos das peculiaridades que temos e da necesidade de transformar o que nos é propio en oportunidades de futuro. Este encontro demostra que somos unha alianza de territorios que ergue unha única voz en Europa en defensa dun modelo de viticultura que é motivo de orgullo e sinónimo de riqueza para calquera territorio, como é para Galicia este mirador de interacción que representa a Ribeira Sacra.
A Xunta apoia o modelo das denominacións de orixe con accións como os contratos homologados, as fórmulas de pago adiantado da uva, o impulso á promoción exterior e comercialización, ou o contrato de explotación sostible, unha aposta de país por unha agricultura respetuosa co medioambiente.
En canto á OCM do viño, agora é o momento de que tomemos unha postura vixiante para acadar que os elementos de preocupación que abre esta OCM non se incrementen. Aínda se está a tempo de influír en decisións de moita importancia. A Xunta e os Consellos Reguladores das D.O. galegas teñen unha posición común e de consenso sobre o reparto de fondos comunitarios. As propostas neste senso, reivindican que Galicia pase a recibir o 8% dos fondos estatais da OCM, solicitan que os criterios para o reparto orzamentario ponderen variables como o emprego xerado e o número de explotacións existentes e demandan unha nova orientación para os investimentos.




CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: