O prestixioso crítico de viños e editor para Sudamérica e España en Vinous.com, Joaquín Hidalgo, está na Denominación de Orixe Ribeira Sacra desde o pasado venres 18 de xullo ata mañá martes 22 de xullo.Durante a súa estancia, Hidalgo participou o venres nunha cata técnica organizada polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, na que probou un total de 15 viños: 4 brancos e 11 tintos, procedentes de colleitas variadas que abranguen desde viños novos ata elaboracións en barrica e viños de garda.Este novo encontro cos viños da Ribeira Sacra reforza o interese do crítico arxentino por unha rexión que xa o cativara na súa visita do ano pasado, cando destacou a riqueza histórica, a diversidade varietal e o potencial enolóxico do territorio.Con formación en Enoloxía e Xornalismo, Joaquín Hidalgo é unha figura clave do xornalismo vitivinícola no ámbito hispano, con presenza en medios especializados e na recoñecida publicación internacional Vinous.com. O seu regreso á Ribeira Sacra reforza o crecente interese pola rexión e ofrece unha oportunidade para dar visibilidade ao traballo das súas adegas.Desde o Consello Regulador, destácase o valor desta visita como impulso para afianzar a proxección internacional dos viños da denominación.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España